Aula Abalar do IES de Melide

 
  • Principal
    • Drupal
  • Ed Cidadanía
  • Ed Física
  • Francés
  • Inglés
    • 1º ESO
    • 2º ESO
    • MELIDE in ENGLISH
  • L española
  • L galega
    • Literarutura
  • Matemáticas
    • Thatquiz
  • Naturais
  • Plástica
  • Sociais
  • Atención a diversidade

Texto para a páxina sobre a circunferencia en scribus

_ Que é a circunferencia?

É unha liña plana, curva e pechada na que todos os seus puntos equidistan doutro punto chamado centro.

E un círculo?

É unha superficie contida dentro dunha circunferencia.

Polo tanto circunferencia e círculo non son o mesmo. A circunferencia é unha liña e o círculo un plano.

Elementos da circunferencia:

Centro: é o punto do que equidistan todos os puntos da circunferencia. Saberías dicir se forma parte da circunferencia ou non?

Raio: o segmento que une o centro con calquera punto da circunferencia.

Diámetro: un segmento que une dous punto da circunferencia pasando polo centro.

Corda: segmento que une dous puntos da circunferencia sen pasar polo centro.

Arco: porción de circunferencia comprendida entre dous puntos dela.

Picture
Picture

Materiais para facer a publicación sobre polígonos con scribus

revistapolgonos.tar.gz
File Size: 1327 kb
File Type: gz
Descargar archivo

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.